viernes, 16 de septiembre de 2022

XUNTAMOS, DE NOVO, AS NOSAS MANS.

 Comezamos un novo curso, xuntando de novo as nosas mans, para continuar o camiño que emprendemos o curso pasado.

Neste curso atoparémonos con novos retos:

O primeiro: subir e baixar as escaleiras porque xa somos maiores e toca pasar para o pimeiro andar. A verdade é que non se nos dá nada mal.



O segundo:  volver a acostumarnos a estar xuntos, coñecernos máis e aprender a convivir en harmonía.






Despois destes dous primeiros retos, virán moitos outros ao longo do curso. Un curso no que basearemos a aprendizaxe no traballo a través dos contos. Emprenderemos unha viaxe na que levaremos un universo na nosa maleta que nos vai servir para descubrir moitas cousas novas.




Estes retos serán tamén para as familias, pois precisamos que participedes activamente con nós no día a día na nosa viaxe ao longo do curso.

Nós xa comezamos a agarrarnos da man, e estamos planificando e preparando esta viaxe que nos levará por un mundo de fantasía, ilusión, e aprendizaxe. E para reflectir ese inicio do camiño collidos das mans decidimos estampar as nosas mans xuntas para ter un recordo do novo camiño que iniciamos.












No hay comentarios:

Publicar un comentario