Mostrando entradas con la etiqueta RETOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta RETOS. Mostrar todas las entradas

sábado, 5 de noviembre de 2022

JORGE ACHÉGASE Á COVA ONDE NACEU GIGURRÍN E CALUBRIGUIÑA

 O noso compañeiro Jorge, seguindo os pasos dos seus compañeiros, e sabendo que Gigurrín naceu na época prehistórica, decidiu ir buscar a cova onde naceu o noso amigo.


Foi seguindo pistas...

E por fin deu coa entrada á cova de Gigurrín


Animádesvos como Jorge, Fabián e Mateo a descubrir os lugares polos andaba Gigurrín na busca de caza, pesca, froitos silvestres, raices, cogumelos ... para alimentarse el e a súa familia?

sábado, 29 de octubre de 2022

MATEO E FABIÁN DESCOBREN ONDE NACEU GIGURRÍN

 Hai uns días GIGURRÍN deunos unhas pistas para que tentásemos descubrir onde nacera el e máis a súa irmá Calubriguiña. Nun mail dicíanos que se descubriamos en que concello da nosa comarca nacera entregaríanos o ouro morado e o ouro verde-amarelo.

Pois, ben, Mateo e Fabián decidiron exercer de exploradores, detectives e espias e ir buscando pistas.

Adentráronse no monte en condicións extremas de vento e chuvia de outono e foron observando e repasando as pistas... metéronse por sendas oscuras e perigosas...
Encontraron uns froitos estraños...e pensaron...seguro que estamos cerca...algo tería que comer Gigurrín e esta froita parece apetitosa.
Cada vez estaban máis cerca... pero decidiron ir despacio explorando e observando a fermosa paisaxe ao seu redor.



E por fin, despois de repasar por última vez as pistas, decidiron desvelarnos o segredo de Gigurrín...
GIGURRÍN NACEU EN....... COVAS (no concello de Rubiá) nunha das moitas covas que neste lugar existen. E na que non puideron entrar porque as covas da Serra da Lastra son zona restrinxida do parque natural e so se pode entrar con permiso dos axentes do parque.

Aquí vos deixan unha "ubicación" para que vos animedes a visitar Covas e  ademáis de encontrar o lugar de nacemento de Gigurrín poidades aproveitar a visita e ver toda a contorna do pobo e do parque natural da Serra da Lastra. 


GRACIAS COMPAÑEIROS!!!!!! CREO QUE ACABAMOS DE CONSEGUIR O OURO MORADO E O OURO VERDE-AMARELO.

miércoles, 19 de octubre de 2022

GIGURRÍN E CALUBRIGUIÑA

 Hai xa uns días chegounos unha mensaxe nunha botella:


Era unha mensaxe de Gigurrín:

Gigurrín decíanos que el e Calubriguiña viñan dunha terra chea de tesouros: había ouro morado, ouro marrón, ouro azul, ouro gris, ouro de moitísimas cores. 
Gigurrín propúxonos un reto a cambio de entregarnoS o ouro morado e ouro verde.
Para entregarnos este tesouro tíñamos que averiguar onde nacera el e máis a súa irmá Calubriguiña.
Pouco a pouco foron chegando as pistas:

1ª pista: Chegou un mapa, e díxonos que vivia na provincia de cor laranxa (Auriense) terra do ouro, non podía ser doutro xeito, ofrecéndonos tantos tesouros. 

Asi que averiguamos, que igual que nós vivía na provincia de Ourense.


 2ª pista: Apareceu unha caixiña na clase cun novo mapa. Gigurrín escribiunos decindo que viña de Forum Gigurrorum, unha comarca composta por 9 concellos: Rubiá, O Barco, Vilamartín, A Rúa, Petín, Larouco, O Bolo, A veiga e Carballeda. Descubrimos que se trataba do que hoxe chamamos Valdeorras.
Pero.... é posible???? Nós tamén vivimos en Valdeorras!!!!!!!

Para que non se nos olvidaran as pistas recollemos a información no mapa de Galicia e no de Valdeorras.















Pista 3: Hoxe chegou a última pista para saber exactamente onde naceu Gigurrín e Calubriguiña. No email que nos enviou dicia:
- Nacín no Concello polo que  o gran río entra en Galicia.
- Nunha terra chea de "xardois", sobreiras, castiñeiros,...
- A águia real, o alimoche, o bufo das rochas e moitas outras aves habitan a miña terra.
- Hai un parque natural ocupando as terras onde nacín e me criei.
-Para visitar a miña casa tes que levar casco, lanterna, arneses e ir con un espeleologo especializado.

Mamis e papis axudádesnos a descubrir onde naceu exactamente Gigurrín e Calubriguiña?