Hai xa uns días chegounos unha mensaxe nunha botella:
Era unha mensaxe de Gigurrín:
Gigurrín decíanos que el e Calubriguiña viñan dunha terra chea de tesouros: había ouro morado, ouro marrón, ouro azul, ouro gris, ouro de moitísimas cores.
Gigurrín propúxonos un reto a cambio de entregarnoS o ouro morado e ouro verde.
Para entregarnos este tesouro tíñamos que averiguar onde nacera el e máis a súa irmá Calubriguiña.
Pouco a pouco foron chegando as pistas:
1ª pista: Chegou un mapa, e díxonos que vivia na provincia de cor laranxa (Auriense) terra do ouro, non podía ser doutro xeito, ofrecéndonos tantos tesouros.
Asi que averiguamos, que igual que nós vivía na provincia de Ourense.
2ª pista: Apareceu unha caixiña na clase cun novo mapa. Gigurrín escribiunos decindo que viña de Forum Gigurrorum, unha comarca composta por 9 concellos: Rubiá, O Barco, Vilamartín, A Rúa, Petín, Larouco, O Bolo, A veiga e Carballeda. Descubrimos que se trataba do que hoxe chamamos Valdeorras.
Pista 3: Hoxe chegou a última pista para saber exactamente onde naceu Gigurrín e Calubriguiña. No email que nos enviou dicia:
Pero.... é posible???? Nós tamén vivimos en Valdeorras!!!!!!!
Para que non se nos olvidaran as pistas recollemos a información no mapa de Galicia e no de Valdeorras.
- Nacín no Concello polo que o gran río entra en Galicia.
- Nunha terra chea de "xardois", sobreiras, castiñeiros,...
- A águia real, o alimoche, o bufo das rochas e moitas outras aves habitan a miña terra.
- Hai un parque natural ocupando as terras onde nacín e me criei.
-Para visitar a miña casa tes que levar casco, lanterna, arneses e ir con un espeleologo especializado.
Mamis e papis axudádesnos a descubrir onde naceu exactamente Gigurrín e Calubriguiña?





















No hay comentarios:
Publicar un comentario