Nestas dúas primeiras semanas de curso, emprendemos unha viaxe ás profundidades máis profundas do fondo mariño...ao máis profundo do mar!!!
Fíxemolo a través dun conto titulado "O estraño ser".
Comezamos imaxinando un ser estraño, con tres ollos, seis patas, dúas bocas, ... Deixamos voar a nosa imaxinación e naceron os nosos estraños seres...pareceríanse ao estraño ser que imaxinaron Eva Iglesias e Eva Piay??
Ao ver a portada do libro, démonos conta de que o noso estraño ser en nada se parecía ao de Eva...pero eran todos ben bonitiños!!!!
Así que postos a imaxinar e a xogar decidimos contar o conto sen ver as imaxes, cos ollos pechados, quedándonos so coa imaxe da portada.
Contamos o conto, fixemos moitas preguntas sobre o conto:
- Como se chamaba o estraño ser?
-Onde vivía?
-Onde lle gustaría ir?
-Con quen se atopou na súa viaxe?
-Por que se asustaban os animais mariños que ía atopando na súa aventura?
-Que animal foi o que o invitou a coñecer aos seus amigos?
-A quen axudou a rescatar das profundidades do mar?
-Por que credes que se asustaban os animais?
-E despois, por que xa non lles terían medo?
-Que animal do conto vos gustaría ser? Por que?
- ...
Moitas preguntas, moitas respostas, moitas reflexións... UNHA GRANDE MENSAXE DE EMPATÍA, DE AMIZADE E DE NON XULGAR POLAS APARIENCIAS.
Despois, da conversa pintamos o estraño ser, ao auténtico do conto, pero tal como o imaxinamos ao escoitar o relato cos ollos pechados.
O seguinte paso foi abrir o conto e contalo desta vez vendo as ilustracións de Eva Piay, coñecer como era realmente Candil, o cangrexo ermitán, o polbo, o peixe globo, Pulpi... e coloreamos e contamos cantos animais se asustaron ao ver a Candil.
Despois, para traballar a lectoescritura aproveitando o conto, imaxinamos que das profundidades máis profundas do fondo mariño, xusto de onde vivía Candil, viña un submarino cargado de palabras castelás que comezan por A.
Para rematar recreamos unha das ilustracións do conto, coa técnica da acuarela e aproveitamos para estampar a palabra "MAR" pois ata o mar fixemos a nosa primeira viaxe do curso.
Oooooohhhh!!! e agora que o pensamos....marchamos á nosa primeira viaxe e non levamos MALETA!!!






















.jpg)


No hay comentarios:
Publicar un comentario