miércoles, 26 de octubre de 2022

QUE FAGO NA ASEMBLEA?

 Ao chegar ao cole o primeiro que facemos é quitar o mandilón e sentarnos na asemblea.


Eleximos ao encargado, que colga o seu cartel de encargado e comeza a pasar lista.
Despois o encargado coloca as letras do seu nome, escribe o nome e conta cantas letras ten para cantar a canción do encargado nomeando todas as letras do nome e os sons de cada unha delas.
Despois o encargado debúxase a si mesmo, tentando poñer todas as partes do seu corpo, mentres vai nomeando o que vai debuxando.
A continuación cantamos a canción da semana e dos mese e colocamos os carteis que corresponden para formar a data.
Despois observamos o tempo que fai e a estación na que estamos para vestir ao noso boneco acorde á estación e ao tempo que fai.
Despois construimos o horario do día: a suceción das actividades que imos facer durante o día: asamblea, conto, traballo por recunchos, recreo, ...
Despois traballamos a palabra protagonista: pensamos unha  ou varias palabras. Eleximos a que máis nos gusta para ese día. Construímola pronunciando os sons e collendo a letra que representa ese son, despois contamos o número de letras que ten, posteriormente escribímola, contamos as sílabas e colocamos as palmadas e o número correspondente e por último poñemos as vocais que ten esa palabra.

Tamén traballamos o número protagonista: Eleximos o número, repasamos todos e todas o trazo co dedo, poñemos os pelos que corresponde, montamos ás tartarugas que representan ese número no autobús, colocamos aos amigos do número protagonista(o anterior e o posterior). Despois representamos o número cos dedos, puntiños e estrelas; por último facemos a conta atrás dende o número ata o 0.


Despois conversamos, traballamos os contidos do día todos xuntos, contamos un conto, bailamos, ...e pasamos ao traballo en mesa, as veces todos xuntos, as veces por grupos nos recunchos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario