viernes, 17 de noviembre de 2023
viernes, 10 de noviembre de 2023
viernes, 3 de noviembre de 2023
viernes, 27 de octubre de 2023
viernes, 20 de octubre de 2023
SEMANA DO 16 AO 22 DE OUTUBRO-LECTURA
Etiquetas:
5 ANOS,
LECTOESCRITURA,
LECTURA
viernes, 13 de octubre de 2023
LECTOESCRITURA
A continuación, deíxovos as fichas de lecto que estivemos traballando ata o momento. Recordade que na maleta cada neno/a leva a ficha que conseguiu ler (co selo azul de bo traballo); nalgún caso vai a ficha sen o selo porque ainda que está a ficha traballada fáltalle un pouquiño para acadala, e deste xeito, a nena ou neno en cuestión non vai sen ficha para a fin de semana.
Espero que vos sirva de axuda.
sábado, 5 de noviembre de 2022
RECIBIMOS O PRIMEIRO TESOURO DE GIGURRÍN
Despois destes días de festa de Samaín esperábamos atopar o ouro morado e o ouro verde-amarelo na clase, pois Gigurrín dixéranos que se descubriamos onde nacera nos entregaría este tesouro...pero o mércores chegámos ao cole e....NADA....NADA DE NADA!!!!! Menuda decepción...
"Gigurrín mentiunos"- dixo un dos rapaces...
"Las promesas hay que cumplirlas" dixo outro.
"Estará escondido" dixo outra.
Total ... que nos puxemos a buscar e nada nin en A nin en B non había ouro ningún...
Bueno...pode que Gigurrín non puidera vir persoalmente e mandara o tesouro por mensaxería e cos festivos tardara en chegar, pero, de repente... apareceu o papá de Fabián. Viría a buscalo para ir ao médico??? NON!!!!!! VIÑA DE PARTE DE GIGURRÍN!!!!!
Traía algo moi...moi...pero que moi IMPORTANTE!!!
...
O OURO MORADO e o OURO VERDE-AMARELO que lle entregou o seu amigo Gigurrín para que nolo trouxese ao cole e ter por fin o noso primeiro tesouro.
Menuda sorpresa!!!! Tratábase das uvas!!! Claro!!! Como non se nos ocorrera antes!!!! O ouro morado (as uvas tintas) e o ouro verde-amarelo (as uvas brancas). Un dos tesouros da nosa comarca... AS UVAS!!!!!
Por fin, puidemos tocar o tesouro que nos trouxo José Enrique de parte de Gigurrín e descubrir que todos estiveramos xa en contacto con ese tesouro noutras ocasións.
Asi que foi ensinándonos todo o que debemos saber e coñecer para facer esta maxía cos nosos tesouros.
Primeiro ensinounas unha vide da que nacen os racimos de uvas para que recoñecésemos o árbusto do que obtemos o ouro morado e o ouro verde-amarelo. Neste caso era unha vide de ouro verde-amarelo.
Despois, ensinounos as tesouras coas que cortar os racimos para botalos nos cestos ou nas caixas para levalos despois á bodega.
Na bodega, esmáganse as uvas cos pés ou á máquina.
Deixanse ferver no cubeto
Dentro do cubeto fermenta e convértese en viño.
Así, Gigurrín non so nos mandou o tesouro , se non que nos mandou a un experto para que nos explicara a máxia do viño.
Así que, para celebrar este feliz, fantástico e instructivo encontro decicimos facer unha foto para rememorar esta visita todos xuntos e despois posando cada un de nós cos tesouros.
Pero, antes de de marchar, o papá de Fabián deixounos un pequeno agasallo, que nos serviría para alimentar a mente e coller forzas para descubrir cal sería o OURO MARRÓN.
Sabes xa cal é o ouro marrón, que próximamente nos entregarán Gigurrín e Calubriguiña?
GRACIAS, JOSÉ ENRIQUE POLA VISITA!!!
Etiquetas:
PROXECTO,
UN UNIVERSO NA TUA MALETA,
VALDEORRAS,
VISITA
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

























.jpg)












