sábado, 29 de octubre de 2022

SEMANA DE SAMAÍN

 Esta semana celebramos o Samaín.

O luns ao chegar ao cole vimos que o hall que dá a porta da nosa clase estaba decorado con arañas, esqueletos, cabazas, teas de araña, ... asi que decidimos facer uns fantasmas terroríficos e contrubuir con esa tétrica decoración.







Despois de decorar a entrada da clase e aproveitando que na nosa maleta de aula apareceu o conto 8 patas de Ana Meilán, acordamos facer a Lucy a protagonista do conto para decorar a aula, ainda que Lucy non dá medo ningún...malia que non deixa de ser unha araña por moito que teza telas de cores.

Primeiro estampamos as mans para facer o corpo da araña, despois fixemos os  8 ollos de cores e pegámolos.






A continuación tocoulle o turno aos 8 zapatos de cores. Picamos e pegamos.



Por último, chegou a parte máis difícil tecer, ou mellor dito neste caso, coser a telaraña.






Este foi o resultado:









Mentras elaborarbamos á nosa araña fomos traendo ao cole as cabazas que decoramos na casa coas nosas familias para que formaran parte da exposición de cabazas do cole. Aquí vos deixamos as nosas para que vexades as preciosidades que fixemos na casa.








E por fin entre contos e cantos nesta semana de Samaín chegou o día da festa.
Comezamos facendo unha foto dos nosos disfraces no fotocall da clase.










Despois fixemos uns talleres sensoriales polos que fomos pasando todos para experimentar con diferentes texturas e traballando a motricidade en forma de xogo e con premio. Estes foron os xogos:

1. A busca dos ollos de morcego: Entre grans de arroz de cores había ollos de morcego escondidos. Os nenos e nenas tiñan que coller coas pinzas con depósito o arroz ata que atopaban os ollos de morcego. Uns ollos especiais...porque....eran......DE CHOCOLATE!!!!!! mmmm








2. Busca de bichos diversos na sangue da bruxa. Había que meter a man e entre os orbits notar co tacto as arañas, escorpións e cascudas e sacalos da sangue da bruxa.









3. Vómito de zombi. Entre xel de baño e espuma de afeitar que simulaba o vómito dun zombi malvado había tarántulas que tiñan que sacar coas mans, contando que co xel e a espuma esbaraban e se escurrían constantemente. Foi unha textura bastante desagradable de tocar. agggg!!!








4. Sesos de vampiro. Entre sesos de vampiro e outras posesións dos vampiros do castelo encantado, había escondidas gominolas terroríficas. Todos conseguiron localizar moitas gominolas e escondelas rápidamente nas súas barriguiñas.








Despois tivemos festa rachada!!! Pero estivemos tan animados bailando e xogando a buscar sons pola clase que non fixemos nin unha sola foto.

Finalmente os nenos recibiron un agasallo do cole e da ANPA e fixemos a foto oficial para desexarvos FELIZ SAMAÍN!!!!!!







No hay comentarios:

Publicar un comentario