sábado, 29 de octubre de 2022

MATEO E FABIÁN DESCOBREN ONDE NACEU GIGURRÍN

 Hai uns días GIGURRÍN deunos unhas pistas para que tentásemos descubrir onde nacera el e máis a súa irmá Calubriguiña. Nun mail dicíanos que se descubriamos en que concello da nosa comarca nacera entregaríanos o ouro morado e o ouro verde-amarelo.

Pois, ben, Mateo e Fabián decidiron exercer de exploradores, detectives e espias e ir buscando pistas.

Adentráronse no monte en condicións extremas de vento e chuvia de outono e foron observando e repasando as pistas... metéronse por sendas oscuras e perigosas...
Encontraron uns froitos estraños...e pensaron...seguro que estamos cerca...algo tería que comer Gigurrín e esta froita parece apetitosa.
Cada vez estaban máis cerca... pero decidiron ir despacio explorando e observando a fermosa paisaxe ao seu redor.



E por fin, despois de repasar por última vez as pistas, decidiron desvelarnos o segredo de Gigurrín...
GIGURRÍN NACEU EN....... COVAS (no concello de Rubiá) nunha das moitas covas que neste lugar existen. E na que non puideron entrar porque as covas da Serra da Lastra son zona restrinxida do parque natural e so se pode entrar con permiso dos axentes do parque.

Aquí vos deixan unha "ubicación" para que vos animedes a visitar Covas e  ademáis de encontrar o lugar de nacemento de Gigurrín poidades aproveitar a visita e ver toda a contorna do pobo e do parque natural da Serra da Lastra. 


GRACIAS COMPAÑEIROS!!!!!! CREO QUE ACABAMOS DE CONSEGUIR O OURO MORADO E O OURO VERDE-AMARELO.

1 comentario: