sábado, 5 de noviembre de 2022

RECIBIMOS O PRIMEIRO TESOURO DE GIGURRÍN

 Despois destes días de festa de Samaín esperábamos atopar o ouro morado e o ouro verde-amarelo na clase, pois Gigurrín dixéranos que se descubriamos onde nacera nos entregaría este tesouro...pero o mércores chegámos ao cole e....NADA....NADA DE NADA!!!!! Menuda decepción... 

 "Gigurrín mentiunos"- dixo un dos rapaces...

"Las promesas hay que cumplirlas" dixo outro. 

"Estará escondido" dixo outra. 

Total ... que nos puxemos a buscar e nada nin en A nin en B non había ouro ningún... 

Bueno...pode que Gigurrín non puidera vir persoalmente e mandara o tesouro por mensaxería e cos festivos tardara en chegar, pero,  de repente... apareceu o papá de Fabián. Viría a buscalo para ir ao médico??? NON!!!!!! VIÑA DE PARTE DE GIGURRÍN!!!!! 


Traía algo moi...moi...pero que moi IMPORTANTE!!! 
...
O OURO MORADO  e o OURO VERDE-AMARELO que lle entregou o seu amigo Gigurrín para que nolo trouxese ao cole e ter por fin o noso primeiro tesouro. 


Menuda sorpresa!!!! Tratábase das uvas!!! Claro!!! Como non se nos ocorrera antes!!!! O ouro morado  (as uvas tintas) e o ouro verde-amarelo (as uvas brancas). Un dos tesouros da nosa comarca... AS UVAS!!!!!

Por fin, puidemos tocar o tesouro que nos trouxo José Enrique de parte de Gigurrín e descubrir que todos estiveramos xa en contacto con ese tesouro noutras ocasións.





José Enrique explicounos que as uvas eran un tesouro para Gigurrín, para Calubriguiña, para toda a súa familia prehistórica pero tamén para todos nós que vivimos na comarca de Valdeorras, xa que aquí temos moitas viñas, cheas de cepas nas que crecen  moitas variedades de uvas, que hai que cortar cunha tixeira, coitelo, navalla ou gancheta para despois levalas á bodega esmagalas e botalas no cubeto para que fermente o mosto e se convirta en viño.

Asi que foi ensinándonos todo o que debemos saber e coñecer para facer esta maxía cos nosos tesouros.

Primeiro ensinounas unha vide da que nacen os racimos de uvas para que recoñecésemos o árbusto do que obtemos o ouro morado e o ouro verde-amarelo. Neste caso era unha vide de ouro verde-amarelo.



Despois, ensinounos as tesouras coas que cortar os racimos para botalos nos cestos ou nas caixas para levalos despois á bodega.






Na bodega, esmáganse as uvas cos pés ou á máquina.






Deixanse ferver no cubeto


Dentro do cubeto fermenta e convértese en viño.







Así, Gigurrín non so nos mandou o tesouro , se non que nos mandou a un experto para que nos explicara a máxia do viño.

Así que,  para celebrar este feliz, fantástico e instructivo encontro decicimos facer unha foto para rememorar esta visita todos xuntos  e despois posando cada un de nós cos tesouros.







Pero, antes de de marchar, o papá de Fabián deixounos un pequeno agasallo, que nos serviría para alimentar a mente e  coller forzas para descubrir cal sería o OURO MARRÓN. 




Sabes xa cal é o ouro marrón, que próximamente nos entregarán Gigurrín e Calubriguiña?



GRACIAS, JOSÉ ENRIQUE POLA VISITA!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario